martes, 21 de febrero de 2012

hoxe

eran outros tempos
tempos nos que críamos ser indestrutibles
nos que cambiar o mundo parecía moi sinxelo
até agora

agora demostramos o que realmente somos
o noso modo de actuar
as ganas de querer (non cambia-lo mundo, senón tentar de permanecer nel, é o mínimo)
porque o medo recorre as vilas
recorre as persoas
recorre os corpos brandos
corpos masacrados
corpos morados
corpos sangrados
corpos, ao fin e cabo, só corpos
pero corpos que tiveron unha gran valentía
corpos que eran persoas
corpos de persoas marabillosas
persoas que loitaron polo que pensaban
e repetiuse
ata o fin dos nosos días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario